A exposición de 6MPasos afronta os 7 meses da viaxe dunha maneira reflexiva. Tendo en conta que toda a viaxe se trasmitiu en tempo real a través das redes sociais, non se busca sinxelamente un traslado do formato dixital ao físico.A montaxe, usando fotos de gran tamaño, obxectos reais, texto, video, son e mapas, busca ofrecer unha ollada máis meditada sobre os acontecementos e as sensacións que xurdiron no camiño.
A exposición inclúe tanto material inédito como pezas que xa se foron publicando na Rede durante ocamiño. O espectador, tanto o que seguiu o proxecto no seu momento como o que se atopa con el porprimeira vez, poderá gozar dunha selección de paisaxes e momentos desta aventura que non buscan tanto narrar a viaxe dun xeito liñal, senón reflectir as experiencias e as sensacións que unha aventura como esta implica.
A exposición incluirá catro formatos diferentes: grandes copias fotográficas, pequenas imaxes,obxectos e proxeccións.
Podes descargate o dossier da exposición e porte en contacto con nos si estás interesado.


