Juan Rivas “Coru”
Santiago de Compostela, 1982. Coru é o mellor representante dos novos alpinistas galegos. Herdeiro da tradición montañeira do Clube Montañeiros Celtas, pasou por case todas as modalidades dos deportes de natureza: espeleleoloxía, escalada en roca en xeo, esquí de montaña, barranquismo, ... Coru desenvolveu a súa actividade deportiva desde o círculo polar na Laponia finesa ata as grandes paredes do parque nacional de Yosemite en Estados Unidos. Enxeñeiro forestal, actualmente reside no val de Benasque, en pleno corazón do Pirineo Aragonés.
Coa capacidade de rir e facer rir en calquera situación, Coru é pura comunicación. Extrovertido e ocorrente, el será o encargado de narrar a viaxe, facer as entrevistas e contar as peculiaridades dos lugares que visitamos e da xente que coñecemos. Asimesmo conta cunha cámara propia, coa que nos dá o seu peculiar punto de vista.